A Festa dos Callos de Poio toma a chaira da Seca
Por Redacción & Diego Torrado
A pesar da calor que aperta este domingo, centos de persoas acudiron ata a chaira da Seca para participar na décimo terceira edición da Festa dos Callos de Poio.
Todos eles deron boa conta do dous mil racións de callos que se prepararon para a ocasión, preparados con 260 quilos de garavanzos e máis de 600 quilos de carne.
Cada ración, que tiña un prezo de seis euros, incluía auga ou viño e pan. Ademais, tamén había polbo, empanadas e sobremesas para acompañar estes exquisitos callos.
A Festa dos Callos, organizada pola asociación de veciños Boureante, foi todo un éxito e celebrouse baixo unha carpa para protexer os asistentes do sol.