O día grande da Feira Franca comeza co tradicional transporte do viño
Por Oskar Viéitez
A Asociación Recreativa de Xeve escenificou a chegada dos carros co viño do ribeiro e a súa entrada na cidade desde Ourense ata Santa Clara e de aí á praza da Ferrería.
Xentes por doquier corren á apertura do mercado porque "chega o mes sen impostos" co que o rei Henrique IV premiou á Boa Vila a súa fidelidade, quince días antes e outros quince despois do 24 de agosto, festividade de San Bartolomeu.
Por fóra da vella muralla non hai festa porque aí a fiscalidade pertencía ao arcebispado de Santiago. Así que bois, vacas, ovellas, viños, queixos, ferramentas, madeira e viandas, de todo chega a intramuros dunha cidade onde os seus habitantes danzan cas súas mellores galas, entre saltimbanquis e mercaderes.
Co fin do verán e a chegada das colleitas, Pontevedra lembra así que no ano 1467 era unha puxante vila.
Relacionadas:
-
O arrecendo e o bo ambiente das comidas da Feira Franca inundan o centro histórico
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Lores, sobre a Feira Franca: "Esta festa sempre vai a máis. É unha seña de identidade de Pontevedra"
Por Oskar Viéitez |
-
A Feira Franca, en marcha: Pontevedra regresa ao medievo por un día
Por Redacción |
-
Música, acrobacias, luces e lume para dar a benvida a unha nova Feira Franca
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Buscas música para a Feira Franca? Aquí a tes
Por Oskar Viéitez |