A Deputación aproba as axudas básicas de emerxencia a vinte concellos
Por Redacción
A presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou este venres da aprobación en Xunta de Goberno da primeira remesa de axudas básicas de emerxencia que percibirán vinte concellos da provincia, cun investimento de 175.000 euros.
Estas axudas están dirixidas aos 52 concellos de menos de 20.000 habitantes e, como explicou Silva, todos as solicitaron e as percibirán, de xeito que en vindeiras semanas se irán aprobando as restantes, cun investimento que ascende en total a 465.000 euros.
Estas axudas sociais se destinan a gastos en alimentación, gastos de vivenda, pagamento de recibos, pagamento de produtos de hixiene e limpeza, pago de produtos farmacéuticos, adquisición de electrodomésticos, pagamento de desprazamentos, pagamento de lentes ou audífonos, pago de gastos derivados de tratamentos de odontoloxía, pagamento de produtos de apoio e axudas de apoio á infancia.
Entre os concellos incluidos nesta primeira quenda de axudas entran A Illa de Arousa, A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Meis, Moraña, O Grove e Poio.
As persoas interesadas poderán solicitar estas axudas a través dos servizos sociais dos seus propios concellos.
No 2018 estas axudas básicas de emerxencia deron cobertura ás necesidades básicas de 1.700 familias dos 52 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.