A Policía Local recibirá formación especializada para actuar ante situacións de violencia de xénero
Por Almu Dapena
A Xunta convoca 60 cursos presenciais para formar a axentes da Policía Local para intervir ante situacións de violencia de xénero.
Serán de 12 horas y contarán con 25 prazas dispoñibles para cada un deles que serán impartidos ata final de ano en 40 localidades galegas e, nas sete grandes cidades, contarán con varias edicións.
Os cursos serán impartidos por 40 profesionais espacializados na formación de igualdade, avogacía, psicoloxía e da Policía Local, que explicarán contidos relacionados coa perspectiva de xénero, delitos de violencia de xénero, atención psicolóxica ás vítimas e a intervención policial en cada un dos casos.
Desta maneira, os axentes de policía adquirirán coñecementos sobre o tratamento ás vítimas de violencia de xénero e os protocolos de actuación que se deben seguir desde o ámbito policial e así lograr unha maior sensibilización co tema entre os axentes e unha mellor atención para as vítimas.
Esta iniciativa foi presentada durante a mañá deste venres pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, que adiantaron que os cursos volverán convocarse outra vez en 2020 coa finalidade de chegar aos 2900 axentes do corpo de seguridade que traballan na comunidade.
Os cursos están enmarcados nas actuacións do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e será levada a cabo pola Academia Galega de Seguridade Pública en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade.
Relacionadas:
-
Un Punto Morado por unha Feira Franca libre de acoso e agresións
Por Redacción |
-
Un xulgado debe volver investigar un caso de violencia de xénero tras arquivalo de forma "absolutamente precipitada"
Por Natalia Puga |
-
Chamamento para que a cidadanía se sume aos actos contra a violencia machista
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |