Un incendio calcina a cociña dunha vivenda unifamiliar na rúa do Meixueiro
Por Redacción
Un incendio calcinou a cociña dunha vivenda unifamiliar na rúa do Meixueiro. Afortunadamente non se produciron danos persoais.
O sinistro tivo lugar sobre as tres e media da tarde deste xoves. Ao lugar do suceso acudiron os Bombeiros e a Policía Local de Pontevedra.
Ademais da cociña a entrada da vivenda tamén se viu danada polo fume.