Acometen melloras no centro de interpretación de Santa Xusta
Por Redacción
O sistema térmico do centro de interpretación de Santa Xusta será optimizado con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.
A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron o centro este xoves.
Segundo indicou a directora xeral, a actuación ten como finalidade de que o centro acade un aforro enerxético do sistema de emisores utilizados para a calefacción, mediante fancoils combinados cun sistema de telexestión. Isto sumado á caldeira de biomasa de pellets, previamente instalada, constitúen un sistema térmico óptimo.
As axudas ascenderon a máis de 28.000 euros.