Tres días de festa en Augasantas na honra da patrona de Cotobade
Por Redacción
A parroquia de Augasantas arranca este venres 6 de setembro, tres días de celebracións con motivo das Festas da Nosa Señora de Augasantas, unha das citas máis tradicionais do calendario de lecer no municipio ao tratarse da patrona de Cotobade.
Os festexos foron presentados este xoves polo alcalde, Jorge Cubela, e membros da comisión organizadora e a comunidade de montes.
As festas comenzarán o venres ás 21.00 horas coa tradicional homenaxe aos emigrantes e unha gran churrascada con prezos populares amenizada pola charanga Charandonga.
Xa o sábado amencerá con dianas e alboradas a cargo da Banda de Música de Tenorio, que será a encargada de amenizar tamén a sesión vermú tras a misa solemne das 12.00 horas, cantada polo coro Aqua Viva de Augasantas, e a posterior procesión. Pola tarde, desde as 19.00 horas, haberá rosario na capela de Penelas e finalmente unha verbena coas orquestras Fama e Dimensión.
Na xornada de clausura do domingo, 8 de setembro, abrirase o programa coa Banda de Música Cultural de Campo Lameiro, que tamén actuará tras o oficio relixioso solemne do mediodía, no que se repetirán os cantos da polifónica local e a celebración da procesión. As festas concluirán pola noite co dobre concerto das orquestras La Nave e Saudade.
ANTONIO FRAGUAS
Por outra banda o local social da parroquia de Augasantas celebrou un homenaxe ao Fillo Predilecto de Cerdedo-Cotobade Antonio Fraguas con motivo das Letras Galegas 2019.
O acto estivo organización pola Asociación de Veciños Penelas coa colaboración do Concello.
A homenaxe contou coas intervencións, baixo o formato de mesa redonda, do xornalista Guillermo Campos; o presidente de Editorial Galaxia, Antón Vidal; o secretario xeral da Consellería de Educación, o cotobadés Jesús Oitavén; e o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, que puxo en valor a importancia das Letras Galegas en xeral e para o municipio neste ano 2019 en particular e tamén destacou o legado de Fraguas e a súa relación con Augasantas.
Ao remate do acto, a asociación veciñal entregou unha placa de recoñecemento ao rexedor pola súa constante colaboración.