A Plataforma veciñal de San Salvador rexeita a dirección única de tráfico na contorna da Barca
Por Redacción
A Plataforma de San Salvador mostrou a súa sorpresa e malestar pola aprobación do Plan de Mobilidade Sostible no pleno do Concello de Poio. Cren que este documento pode permitir que se estableza a dirección única na zona da Barca.
Montse Baquero, portavoz deste colectivo, anuncia que están preparados ante calquera decisión neste sentido e mostran a súa oposición a calquera actuación que adopte o goberno tripartito.
Anuncian medidas de presión "sen descartar nada" no caso de que se poña en marcha a dirección única nesta rúa. Temen que se estableza a dirección única na ponte da Barca e en toda esa contorna, unha medida que rexeitan totalmente.