Piden a mellora dun tramo perigoso dunha estrada provincial EP-7102 en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
Ernesto Filgueira, portavoz do BNG en Cerdedo-Cotobade, presentou unha moción para debater no próximo pleno municipal co obxectivo de que se logre un proxecto de mellora do trazado da estrada provincial EP-7102 entre os núcleos poboacionais de Bugarín e Fondós, situados na parroquia de Quireza.
Trátase do único punto, segundo denuncia o BNG, da estrada que une Serrapio con Portela que aínda se mantén sen mellora, unha situación que lamentan os usuarios, segundo recolleu Ernesto Filgueira entre os veciños.
Entenden que a reforma deste tramo debe ser unha prioridade porque actualmente o trazado é estreito, sen cunetas, presenta fochancas e o pintado do carril non se atopa ben definido ou é inexistentee, entre outras deficiencias.
O BNG espera que tanto o grupo de goberno do PP como o PSOE voten favorablemente e insta o alcalde Jorge Cubela a que medie coa Deputación para lograr o compromiso de actuar urxentemente sobre este tramo.
Relacionadas:
-
Jorge Cubela pide reunirse coa Deputación para axilizar a mellora da estrada Fondós-Bugarín
Por Redacción |
-
O PP insiste en ensanchar a 9 metros unha estrada pola que só pasan 17 vehículos ao día
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación finaliza a obra de mellora da estrada provincial Serrapio-Portela
Por Redacción |