Sanxenxo reforza a vixilancia no rural ante a alerta de posibles incendios forestais
Por Redacción
A concellería de seguridade cidadá do Concello de Sanxenxo estableceu este luns un plan de vixilancia por risco de incendios forestais.
Segundo informou o goberno local, este plan actívase "a raíz do aviso deste domingo, por parte de Consellería do Medio Rural, sobre a alerta extrema" de que se produzan este tipo lumes.
Con este plan, unha patrulla da Policía Local, intensificará a vixilancia e o control nas zonas máis rurais e con máis vexetación do municipio, para alertar de posibles incendios que poidan producirse.
PA ESCAVADORA
A este respecto, desde o Concello informaron que Emerxencias de Sanxenxo sufocou a pasada noite o lume orixinado nunha pa escavadora que se atopaba estacionada na Laxe, na parroquia de San Xinés de Padriñán.
A alerta producíase sobre as 0.30 horas deste domingo. A máquina estaba situada nas inmediacións do restaurante Ollares da ría.
Afortunadamente o suceso non provocou danos persoais.