Luz verde da Deputación ao acondicionamento das oficinas do cuartel da Garda Civil de Cambados
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar o contrato de acondicionamento das oficinas do andar baixo do bloque dianteiro do cuartel da Garda Civil de Cambados, obras que realizará a empresa Construcciones Castro Figueiro SLU, por un valor de 173.419,39 euros.
Os traballos se iniciarán de forma inmediata e terán un prazo de execución de 4 meses.
O obxectivo da actuación é rehabilitar e mellorar a accesibilidade e habitabilidade nas oficinas do cuartel, unha edificación que se atopa deteriorada polo paso do tempo e non adaptada á normativa vixente en materia de seguridade contra incendios.
Nesta actuación a Deputación tamén aposta pola eficiencia enerxética, coa mellora do aislamento térmico, substitución das carpinterías por unhas novas de aluminio e instalación de luminarias de baixo consumo.