A Xunta adxudica as obras de mellora de firme en estradas autonómicas de Ponte Caldelas e A Lama
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar á empresa Marconsa S.L. as obras de mellora do firme en varias estradas da provincia de Pontevedra.
As actuacións comezarán este mes e terán un prazo de execución duns tres meses aproximadamente.
Os traballos proxectados levaranse a cabo en varios tramos das estradas PO-262 e PO-244, ao seu paso polos concellos de Ponte Caldelas e A Lama.
As actuacións consistirán no fresado e a reposición do firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada.
Ademais, executaranse unha serie de medidas complementarias na estrada PO-244 executaranse tres pasos peonís sobreelevados.