Os galgos afgáns atraen os amantes do mundo canino a Carballedo
Por Redacción
Preto de 200 cans de raza galgo afgán citábanse esta fin de semana no certame internacional que tiña lugar no pavillón de Carballedo ante unha numerosa afluencia de público interesado nestes animais.
Os galgos afgáns chegaban con propietarios procedentes de España, Francia, Italia, Portugal e Australia para participar nunha iniciativa organizada polo club CEGAS en colaboración co Concello de Cerdedo-Cotobade.
Ademais do concurso e a exhibición dos animais desenvolvéronse catro conferencias e unha mesa redonda a cargo de expertos internacionais.
Á entrega de premios asistía Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade, ademais do presidente de CEGAS, Jaime Rodal.