O "mercadillo" dominical volve desenvolverse sen incidencias, unha semana despois da súa retirada
Por Diego Torrado & Redacción
Os comerciantes do "mercadillo" de antigüidades instalaron os seus postos este domingo ao longo da rúa Serra, nas proximidades ao edificio do Mercado de Abastos, despois dunha semana moi axitada na que chegou a perigar a permanencia desta actividade económica.
Coa tarxeta distintiva que autorizaba aos vendedores para realizar a actividade comercial neste espazo, a xornada deste primeiro domingo de setembro desenvolvíase sen incidencias, segundo fontes policiais, e cunha maior presenza de compradores e curiosos en comparación con outros domingos, que se movían rebuscando entre libros, cómics, discos de vinilo, reloxos e outras pezas antigas ou de segunda man.
Posiblemente o incremento de compradores estea relacionado co debate aberto despois de que a concelleira de Mercados, Yoya Blanco, ameazase con suspender esta actividade se non se regulaba tanto o número de vendedores participantes como os espazos de instalación dos postos.
Desta forma, a concelleira alcanzou un acordo cos comerciantes para que non se establecesen postos de venda ante a porta central do Mercado de Abastos nin na rúa César Boente, que dificultaban o acceso ao aparcamento subterráneo e o paso aos residentes na contorna.
Relacionadas:
-
O PP quere aprobar unha norma para potenciar o mercadillo de antigüidades
Por Redacción |
-
Concello e vendedores chegan a un acordo polo mercadillo de antigüidades
Por Almu Dapena |
-
Rafa Domínguez pide explicacións a Lores sobre o mercado de antigüidades: "Queremos saber se é ilegal ou non"
Por Natalia Puga |
-
Os vendedores do mercado de antigüidades organízanse de cara á regulación e nova etapa da actividade
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Malestar polas formas do Concello co mercado de antigüidades: "Non houbo ningunha conversa previa, foi a saco"
Por Natalia Puga |
-
Só 30 vendedores, con permiso municipal, poderán participar transitoriamente no mercado de antigüidades
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Retiran o mercado de antigüidades da rúa Serra por estar "ilegal" e xeran malestar entre os vendedores
Por Redacción |