Os exalumnos do San Narciso celebran os 49 anos da "Peña Cola Cao"
Por Redacción
Como cada último venres do mes de agosto, tivo lugar a reunión anual da promoción de 1970 do Colexio San Narciso de Marín coñecida co sobrenome de "Peña Cola-Cao".
Despois de reunirse todos na Sidraría Montañés dirixíronse ao Museo de Pontevedra, para participar nunha visita guiada á terceira planta do Sexto Edificio onde compartiron a súa afección polas pinturas e esculturas de artistas galegos do século XX como Colmeiro, Laxeiro, Maside, Souto, Manuel Torres, Eiras Barral, Compostela, entre outros.
A seguinte parada foi no Bar Saudade desde onde iniciaron un percorrido polas prazas e rúas do centro histórico de Pontevedra, coas oportunas paradas noutros establecementos para gozar da compañía de todos.
Para cear elixiron o Savoy RestoBar onde se puxeron ao día da vida de cada un e lembraron mil e unha anécdotas.