Susto no Grove cunha colisión fronto-lateral que se salda con dous condutores feridos
Por Redacción
Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión fronto-lateral entre dous vehículos na estrada C-550, no Grove, ás 14:00 horas deste sábado.
O suceso produciuse na vía de acceso á vila á altura da gasolineira de Ardia, quedando os dous coches no centro da calzada dificultando así o tráfico durante aproximadamente unha hora, aínda que a proximidade da gasolineira e os seus carrís de acceso facilitaron o desvío dos automobilistas reducindo o corte da estrada ao momento de retirada dos vehículos por parte da grúa.
As dúas persoas feridas son os condutores, que viaxaban sen acompañantes. Trátase de dous homes de mediana idade que presentaban un golpe no ombro e certa desorientación un deles e o outro, que rematou sendo trasladado a un centro hospitalario de Pontevedra, un golpe de certa intensidade no peito.
Ao lugar do accidente desprazáronse efectivos da Policía Local do Grove, Protección Civil, Garda Civil de Tráfico e 061.