Concello e vendedores chegan a un acordo polo mercadillo de antigüidades
Por Almu Dapena
Despois da polémica ocorrida durante esta semana, acerca da recolocación do mercadio de antigüidades de Pontevedra e da regularización da actividade comercial, a concelleira de Promoción Económica e responsable de Mercados, Yoya Blanco, reuniuse cos representantes dos vendedores para chegar a un acordo para a venda deste domingo 1 de setembro.
É por iso, que durante a mañá deste xoves, a concelleira estivo traballando "durante hora y media" para chegar a un consenso coa parte afectada que se mostrou positiva ante a proposta. "Lo que queremos es arreglar y solucionar este problema, no va a haber pega por nosotros", explicou Alberto Martínez, un dos representantes.
Ao acordo que chegaron, é continuar co mercadillo na rúa Sierra, xa que, segundo a concelleira, "es la mejor ubicación para no volver loca a la gente que viene habitualmente".
Desta maneira, o mercadillo divídese en dúas partes. Unha primeira, antes da chegada ao mercado de abastos, e a segunda parte, que vai ata a entrada do museo deixando "totalmente despejada" a parte de César Boente e a entrada principal do mercado.
Con respecto ao número de postos do mercadillo, nun principio había unha lista con 54 pero disminuíu debido ao descontrol que había e o domingo comezarase coa normalización "vendrá la Policía Local y algún funcionario para revisar quienes están dentro de la lista".
Sumándose a esta regularización, a concelleira concluíu con que tamén se vai a tentar potenciar a venda dos postos do mercado dándolle "una estética unificada que todavía hay que desarrollar".
Relacionadas:
-
O PP quere aprobar unha norma para potenciar o mercadillo de antigüidades
Por Redacción |
-
O "mercadillo" dominical volve desenvolverse sen incidencias, unha semana despois da súa retirada
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Rafa Domínguez pide explicacións a Lores sobre o mercado de antigüidades: "Queremos saber se é ilegal ou non"
Por Natalia Puga |
-
Os vendedores do mercado de antigüidades organízanse de cara á regulación e nova etapa da actividade
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Malestar polas formas do Concello co mercado de antigüidades: "Non houbo ningunha conversa previa, foi a saco"
Por Natalia Puga |
-
Só 30 vendedores, con permiso municipal, poderán participar transitoriamente no mercado de antigüidades
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Retiran o mercado de antigüidades da rúa Serra por estar "ilegal" e xeran malestar entre os vendedores
Por Redacción |