Anxo ou demo? cantos se fixeron a preguntiña ao ver as trasnadas que fai e que recibe ese 'demo' que cada mes de setembro sae dos Arcos de San Bartolomé. Ao anxo e ao demo, ao actor, convidamos a PontevedraViva Radio para coñecelo mellor e para coñecer a súa Playlist.
Está na lista dos pontevedreses de adopción, ou de padrón se se quere evitar o romanticismo. Boirense de nacemento, leva máis dunha década fincado nesta capital. Antes que as táboas dos escenarios, Xosé Manuel Esperante tiña vocación de arqueólogo e licenciouse en Historia.
Vímolo formando parte de compañías como Baobab Teatro en premiados proxectos como 'Luppo', en cinema e en series de televisión como a exitosa 'Fariña'. Haberá quen non se deixe aconsellar por un demo, pero neste caso 'o demo' de San Bartolomeu deixaba na Playlist uno nada desdeñable: mirar sempre o lado positivo da vida.
(Este podcast é unha edifusión do emitido o 26 de agosto de 2016)