Última oportunidade para participar nas visitas nocturnas guiadas aos petróglifos
Por Almu Dapena
O verán chega ao seu fin, e con el, as visitas guiadas ao Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor.
Ao longo dos meses de xullo e agosto, o Concello de Marín organizou, como actividade para os venres pola noite, unhas visitas ao parque arqueolóxico converténdose nun reclamo turístico con máis público cada ano, e sendo un punto case obrigado de visita durante o verán.
É por iso, que para despedir o mes de agosto, o venres día 30 ás 22:00 horas vai realizar a última visita nocturna deste verán.
A pesar diso o Concello lembra que o centro de Interpretación continuará aberto no seu horario e faranse dúas visitas guiadas ao longo do día, unha de mañá e outra de tarde, para todo aquel que se quedou sen visitar dos petróglifos.