Medio Natural "manterase vixiante" ante o posible emprego de aceites na pranta de biomasa de Ence
Por Redacción
O socialista Iván Puentes mantivo este mércores o seu primeiro encontro como concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural co voceiro da Asociación pola Defensa da Ría (APDR), Antón Masa. Un dos asuntos esenciais da reunión, na que tamén estivo presente Ángel Lezcano, outro integrante da APDR, foi a preocupación do colectivo ecoloxista ante o "posible emprego de aceites usados contaminantes na pranta de biomasa de Ence", unha cuestión que, tal e como reiteran, non está permitido pola lei.
Segundo denunciou Antón Masa, a pranta enerxética de Lourizán "queima 18.000 toneladas anuais de aceites usados procedentes de compañías de xestión de residuos industriais coa finalidade de abaratar custes, situándose como o maior consumidor deste tipo de residuos en España".
"As lexislacións española e europa consideran ó aceite usado como un residuo tóxico. Co uso deste combustible, a compañía xerou un aforro superior aos 3,5 millóns de euros anuais durante os últimos cinco anos", indicou.
Neste eido, Iván Puentes amosou a súa inquedanza ante esta denuncia e comprometeuse co voceiro da APDR a manterse "vixiante ante o posible emprego destes aceites, que obviamente sería ilegal". Asemade, o concelleiro de Medio Natural avanzoulle a Masa a súa intención de trasladarlle a cuestión á parlamentaria socialista Patricia Vilán para que a eleve ao Parlamento Galego.
Relacionadas:
-
O PP rexeita no Parlamento a investigación que pide o BNG sobre o uso de aceites industriais en ENCE
Por Redacción |
-
ENCE asegura que usa como combustible un aceite "sen maior impacto sobre o medioambiente que o fuel"
Por Oskar Viéitez |
-
Medio Natural restaura a pasarela do río Gafos
Por Almu Dapena |
-
ENCE nega usar combustibles "incompatibles" coa súa autorización ambiental e tomará "medidas legais" contra APDR
Por Redacción |
-
A APDR pide que se investigue a Ence por queimar 18.000 toneladas de aceite usado contaminante
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |