Boa Vida presenta as charlas inclusivas para "coller impulso para o curso escolar"
Por Almu Dapena
Durante os días 28 e 29 de agosto, a Asociación Boa Vida celebra a oitava edición da súa Escola de Verán, ofrecendo a todo o que queira coñecer a realidade da pobreza e a exclusión, a achegarse e descubrilo de primeira man. Todo iso levado a cabo desde a creatividade para lograr os obxectivos de mellorar a vida das persoas "e coller impulso para o curso escolar", explicou Pepa Vázquez, traballadora social da Asociación.
Para esta nova edición, contan coa colaboración de Paloma Castro, concelleira de Benestar Social do Concello de Pontevedra e de Silvia Junco, concelleira da oposición e Responsable da Área Social, Turismo e Igualdade, ademais de todas as persoas encargadas de dar as charlas, entre as que se atopan Viki, traballadora social experta en temática de terceira idade e migracións, e María Isabel, avogada experta en ambas as temáticas.
Ademais, van continuar con dúas charlas comezadas na edición anterior. Por unha banda, 'A arte de vivir feliz', levada a cabo polo psicólogo Enrique Ruiz e 'Compartir ou tempo, crear solidariedade', que impartirán Javier Pérez e Pepa Vázquez como activistas da xustiza.
Con esta Escola de Verán darase introdución ás máis de 20 charlas que teñen programadas para este inverno nos centros culturais e asociacións que o soliciten.