A representante das praceiras traslada as demandas do colectivo á concelleira Yoya Blanco
Por Redacción
Yoya Blanco, a concelleira de Promoción Económica, mantiña un encontro este mércores con Celia Abal, a portavoz das vendedoras do Mercado de Abastos. Durante a reunión, a representante das praceiras explicaba a necesidade que ten este colectivo dunha máquina de xeo, unha demanda histórica.
Trátase dun importante investimento e a concelleira responsable comprometeuse a buscar liñas de subvención para que se poida adquirir este elemento a través da xestión da concellería de Promoción Económica.
Celia Abal tamén puxo de manifesto que a apertura do novo Espazo Gastronómico no piso superior e a creación de servizos públicos para persoas con mobilidade reducida provocou que as persoas encargadas da venda quedáronse "sen baños", por este motivo reclaman á concelleira a procura dunha solución. Yoya Blanco entende que hai espazos baleiros e estudarase a creación duns servizos amplos que poidan ofrecer cabida tamén ao persoal.
Ambas as representantes coincidiron na necesidade buscar unha solución para eliminar a incidencia do sol nos postos de venda do peixe e do marisco.