Dúas avarías provocan cortes de luz, algúns de máis de 3 horas, en numerosos puntos da cidade
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
1.432 clientes de Naturgy, que dispensa a luz a través de Unión Fenosa Distribución, víronse afectados por dúas incidencias na rede de subministración eléctrica este martes 27 na cidade de Pontevedra ao redor das 13.50 horas.
Os técnicos da empresa continuaban tentando localizar a avaría case unha hora máis tarde de que se rexistrase a segunda das incidencias que afecta a gran parte do centro histórico, incluíndo as instalacións do mercado de abastos. A outra incidencia afectaba a vivendas próximas a Campolongo, segundo a información facitilitada por Naturgy.
Numerosos xerentes de establecementos gastronómicos mostraron o seu malestar por este corte de luz a unha hora na que os locais se atopan en plena actividade. A falta de subministración eléctrica está a provocar problemas para atender aos clientes.
O Concello de Pontevedra xa instara á empresa que revisase o estado das instalacións de Pontevedra despois de varios cortes de luz que se rexistraron durante o mes de xullo, causando danos económicos en varios sectores.
Segundo numerosos usuarios deste servizo, os cortes tamén afectaron a outras zonas da cidade como, entre outras, a urbanización de Monte Porreiro; Mollavao; contorna da estación de trens; rúa Echegaray e próximas. A situación provocou problemas na entrada e saída de aparcadoiros soterrados, problemas de acceso a vivendas para persoas con dificultades de mobilidade ante a falta de funcionamento de ascensores e en rúas como Pardo Bazán os clientes de Naturgy denuncian que levan máis de tres horas sen electricidade, desde as 14.00 ata as 17.00 horas.
Segundo a compañía eléctrica, todo o servizo foi restablecido ás 17.31 horas. Para realizar reclamacións, a empresa Naturgy ten a disposición dos usuarios esta ligazón.
Relacionadas:
-
Unha nova avaría deixa sen luz a 850 casas de Mourente, Marcón e Tomeza
Por Redacción |
-
Novas incidencias eléctricas no centro urbano durante a final do Mundial de baloncesto
Por Anxo Lourido |
-
Lores reúnese con Naturgy tras os continuos cortes de luz e avisa: "haberá que resarcir aos usuarios"
Por Natalia Puga |
-
Naturgy asegura que Pontevedra está "entre as primeiras de España" en calidade de subministración eléctrica
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello considera unha "tomadura de pelo" os cortes de luz e esixe solucións a Naturgy
Por Alejandro Espiño |
-
Novo corte eléctrico de máis de 4 horas de duración no centro da cidade
Por Redacción |
-
O Concello insta a Naturgy a revisar as instalacións de Pontevedra tras os cortes de luz dos últimos días
Por Natalia Puga |
-
Unha incidencia na liña eléctrica deixa sen luz a 2.000 usuarios do centro de Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Unha incidencia na liña eléctrica causa cortes de luz a máis de 2.000 clientes no centro da cidade
Por Diego Espiño |