Os turistas de Sanxenxo dan conta de 600 quilos de sardiñas de balde
Por Redacción
Turistas e tamén veciños degustaron este domingo os máis de seiscentos quilos de sardiñas gratis que se asaron ao mediodía na Praza dos Barcos.
É a tradicional celebración do Día do Turista enmarcada nas festas patronais da vila e coa que o Concello de Sanxenxo agradece a súa presenza aos visitantes que elixiron este municipio para pasar as súas vacacións estivais.
O alcalde, Telmo Martín, e o conselleiro de Turismo, Román Rodríguez, colaboraron na preparación das sardiñas das que tamén deron boa conta.
O programa de festas de Sanxenxo inclúe para o vindeiro venres ás 22.00 horas o concerto de Manoele de Felisa, na Praza dos Barcos e o sábado 31, á mesma hora pero na Praza de Pascual Veiga recital a cargo dos Amigos do Acordeón das Rías Baixas.
Ademais a programación inclúe unha nova edición da Milla Urbana Vila de Sanxenxo, o certame de xogos tradicionais e a festa infantil, entre outras actividades.
Relacionadas:
-
Sanxenxo reparte 52.700 euros entre as comisións para organizar festas parroquiais
Por Redacción |
-
Sanxenxo amplía a duración da Feira da Cebola sen medo a repetirse
Por Redacción |
-
Inspeccionan a montaxe e funcionamento das atraccións das festas de Sanxenxo
Por Redacción |
-
María del Carmen Vilavedra "Nenucha", premiada coa Cebola de Ouro
Por Redacción |
-
Sanxenxo suma a dous novos cabezudos
Por Redacción |