Pontevedra rexistra a tasa de paro máis baixa dos últimos 10 anos
Por Almu Dapena
Durante este mes de xullo, Pontevedra colocouse como o terceiro municipio galego con menos paro de Galicia cun 13'43% de taxa, situándose por detrás de Santiago, que se coloca cun 11'45% e de Lugo, cun 12'30%.
Segundo Datos Macro, da publicación especializada en economía Expansión, Pontevedra rexistra a taxa de paro máis baixa do últimos dez anos.
A taxa de paro rexistrado enténdese como un censo administrativo que elabora o Servizo Público de Emprego Estatal con base nas persoas inscritas das Oficinas Públicas de Emprego en relación coas persoas maiores de 16 e menores de 65 que están a traballar ou en procura activa de emprego.
Esta subida na localización dos postos de traballo, é debido, en maior medida, ao aumento do turismo durante os meses de verán facendo que se concentre neste sector gran parte do traballo.
Así o explicou José María Corujo, presidente de AEMPE: "el turismo ha sido la causa principal del descenso del paro", xerando unha gran colocación de postos de traballo na hostalería. Tamén quixo engadir que os hostaleiros de Pontevedra están a atoparse con "dificultades para encontrar personal cualificado".
Pola súa banda, Jesús Rey, presidente de AJE, compartiu a mesma situación que Corujo de que este verán hai máis traballo en relación con anos anteriores, "los sectores que repuntaron a nivel provincia han sido la hostelería y el turismo", comentou.
Desta maneira, a hostalería en Pontevedra sitúase como o sector con menos paro "igual que el de la alimentación y la construcción", dixo o presidente de AJE. Nun primeiro lugar, "la alimentación cada año repunta", pero este ano foi en maior medida debido a que las empresas de marcas gallegas han tenido mucho tirón este verano y por lo tanto necesitan más contratación", explicou.
Jesús Rey tamén quixo engadir que "el sector de la construcción ha repuntado pero sin llegar a los años locos", todo iso debido, unha vez máis, ao turismo, centrándose sobre todo no Camiño de Santiago e traducíndose na construción de albergues, hoteis e hostais.
Finalmente, concluíu con que a previsión para o próximo semestre é indescifrable debido á inestabilidade política que se está vivindo actualmente e ao descenso do turismo que se produce despois dos meses de verán.