Queixas veciñais polo abandono do estanque do Parque de Pasarón
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A veciñanza da contorna do Estadio Municipal de Pasarón mostrou o seu enfado, nas últimas horas, pola situación de abandono e suciedade que se observa no estanque do Parque de Pasarón.
Durante este domingo podíanse ver flotando nas augas deste recinto polo menos dous peixes mortos, ademais o ton da auga era dunha cor musgosa como consecuencia, segundo denuncian, dun mal estado de mantemento. A veciñanza reclama a intervención de operarios do Concello para a limpeza e coidado deste espazo de lecer.
Esta Parque de Pasarón atópase situado entre as rúas Luís Otero, Joaquín González e Praza de Pasarón e é utilizado por familias da contorna que levan a menores a xogar no parque infantil, situado a poucos metros do estanque.
RESPOSTA DO CONCELLO
Desde a concellería de Parques e Xardíns indican que este luns iniciouse a limpeza profunda do estanque do Parque de Pasarón. Desde o departamento que coordina o concelleiro socialista Iván Puentes indican que durante os vindeiros días os operarios van desenvolver eses traballos de limpeza, ademais do arranxo do sistema de circulación da auga que levaba moito tempo estragado.
Relacionadas:
-
Vencellar a reforma do parque de Pasarón á historia do Pontevedra C.F., unha das 100 aportacións veciñais a este proxecto
Por Redacción |
-
Atopan dúas cadelas recentemente nadas dentro dun contedor
Por Almu Dapena |
-
VÍDEO.- Denuncian a presenza de roedores no Parque de Pasarón
Por Redacción |
-
Posta a punto das árbores e zonas verdes da Alameda, as Palmeiras e A Ferrería
Por Redacción |