Convocan os propietarios dos terreos necesarios para a mellora da estrada entre Antas e Seixido, na Lama
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas convocou durante os días 16, 17 e 18 de setembro aos propietarios dos terreos que son necesarios para acometer as obras da segunda fase de mellora da estrada autonómica PO-235 ao seu paso polo Concello da Lama, para levantar as actas previas.
Os titulares, segundo recolle o BOP, deberán presentarse na Casa do Concello durante eses días entre as 09.30 e as 13.30 horas. A obra que xa foi licitada por un investimento de máis de 1,5 millóns de euros. O obxectivo é ampliar e mellorar o trazado desa estrada entre Antas e Seixido.
Esta segunda fase centrarase na intervención ao longo de cinco quilómetros, ampliando o ancho da estrada 1,5 metros, pasando de 5 a 6,5 metros.
Segundo informa a Xunta, corrixiranse as curvas de menor radio, aplicarase unha capa de rodadura en todo o tramo e vai drenarse de forma transversal a plataforma. Tamén se revestirán as cunetas e completarase a sinalización horizontal, vertical e de balizamento.
As dúas fases da obra supoñen un investimento de máis de 2,1 millóns de euro, por parte da administración autonómica.
Relacionadas:
-
Impulso á mellora da PO-235 na Lama coa redacción do proxecto da terceira fase de actuación
Por Redacción |
-
A Xunta construirá un parque biosaudable en Xesta, na Lama
Por Redacción |
-
A Xunta licita novas obras na estrada entre Antas e Seixido
Por Redacción |
-
Núñez Feijóo comprométese a redactar o proxecto da PO-235 en Seixido neste 2019
Por Redacción |