O PSOE de Sanxenxo pide que o Concello cree una oficina de atención aos damnificados pola cancelación do Maestral
Por Redacción
O PSdeG-PSOE de Sanxenxo esíxelle ao Goberno municipal que preside Telmo Martín a creación inmediata dunha oficina de atención e asesoramento aos damnificados pola cancelación do Festival Maestral, tanto ao público que mercou as súas entradas e/ou fixo reservas de hospedaxe coincidindo cos espectáculos, como aos profesionais autónomos e empresas prexudicadas.
A portavoz socialista, Ainhoa Fervenza, lembra que esas empresas están coa incerteza de se van cobrar polos servizos prestados ou polos preparativos realizados e reclama que o Concello se persoe como acusación particular en posibles actuacións xudiciais que poidan emprenderse no futuro por parte das persoas físicas e xurídicas afectadas.
Ainhoa Fervenza pide ao Concello que dea a cara e que contribúa a limpar a imaxe de Sanxenxo, que consideran que resultou "seriamente prexudicada" pola cancelación do festival.
Na súa opinión, é innegable que o Concello debe asumir parte de responsabilidade no sucedido, pois a improvisación de ter colaborado cun evento "escasamente maduro e deficientemente planificado" levou ás consecuencias finais.
Para a portavoz socialista é inaceptable que Telmo Martín diga publicamente que "non se pode facer nada", porque queda moito por facer e porque un municipio do prestixio turístico de Sanxenxo "non pode acabar pagando a incompetencia de Telmo Martín para resolver os problemas".
Ademais, insta a Telmo Martín a informar se ten algunha relación profesional ou de amizade co administrador único da empresa Get Up Comunicación.
Relacionadas:
-
Telmo Martín: "A imaxe de Sanxenxo está por encima de calquera festival"
Por Oskar Viéitez |
-
Afundación faise cargo dos pagos do Maestral
Por Almu Dapena |
-
A Unión de Consumidores pide a consumo que investigue a cancelación do Maestral
Por Almu Dapena |
-
O PSOE e o BNG piden explicacións a Telmo Martín pola cancelación do festival Maestral
Por Redacción | Creada e actualizada
-
As empresas afectadas pola cancelación do Maestral crearán unha plataforma
Por Oskar Viéitez |
-
O Maestral Music Festival Sanxenxo cancela todos os seus concertos
Por Oskar Viéitez |
-
Aumentan as críticas á organización do Festival Maestral polos cambios nos concertos
Por Almu Dapena |