Unicef propón a Pontevedra ser a primeira "cidade amiga da infancia" de Galicia
Por Redacción
Gloria del Río, presidenta de Unicef en Galicia, visitou este venres o Concello de Pontevedra para reunirse co alcalde capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores.
Nesa reunión a representante da organización propuxo á cidade de Lérez que solicite ser a primeira "cidade amiga da infancia" de Galicia, despois de que Lugo e Vigo recibisen un recoñecemento nesta materia.
Segundo explicou Gloria del Río, o modelo urbano e as actividades organizadas para o público infantil na cidade encaixan á perfección con esta distinción.
Para iso a presidenta autonómica de Unicef ofreceu ao Concello a asesoría técnica da organización en Galicia se decide solicitar un recoñecemento que está enmarcado dentro dunha campaña mundial da propia Unicef.