Un veciño de Ribadumia, ferido ao ser atropelado cando circulaba en patinete
Por Redacción
Un home de 43 anos, veciño de Ribadumia, resultaba ferido na tarde deste venres 23 despois de ser atropelado cando circulaba no seu patinete en Muiños Novos, parroquia de Barrantes no municipio de Ribadumia.
Segundo información facilitada polos servizos de Emerxencias, o home tivo que ser trasladado por unha ambulancia do 061 ao Hospital do Salnés para ser atendido das feridas sufridas tras ser golpeado por un Audi, impactar contra o cristal do vehículo e caer sobre a calzada.
Ao lugar do accidente acudiron efectivos de Protección Civil de Cambados e de Ribadumia; ademais de Emerxencias Cambados; axentes da Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061.