Cabreo na Comisión de Festas do Raxó FC ao rebaixar o Concello a súa achega económica
Por Redacción
Desde a Comisión de Festas do Raxó FC expresaron o seu malestar co Concello de Poio porque "se nega a respectar a colaboración do ano pasado poñendo, desta forma, en risco a celebración da Festa da Saleta 2019".
Os organizadores preguntan cal é o criterio de repartición por parte do Concello xa que "para outras parroquias e outros eventos o Concello outorga subvencións, paga facturas, instala escenarios, etc. por valor de máis de 70.000 euros" mentres que "para as festas de Raxó néganse a colaborar co 10% do orzamento", aseguran.
Desde a Comisión avisan que esta "negativa de última hora" por parte do Concello "pon en perigo a celebración das festas" e sinalan que "de non celebrarse, o único motivo será a falta de colaboración por parte do Concello".
Esta Comisión explicou que cando empezaron a organizar as festas do 2019 a súa previsión foi que o Concello "respectaría" a colaboración do ano pasado "pero a menos dun mes anúnciannos que nos recortan en case un 50%".
"Os veciños de Raxó parece que somos de segunda categoría", di esta entidade
Finalmente lembran que o orzamento das festas é próximo aos 60.000 euros e que o ano pasado preto do 90% foron achegas de veciños, empresas, rifas, lotería, carteis, "en resumo, traballo da Comisión", conclúen.
Relacionadas:
-
O Concello de Poio achegará 6.000 euros para as Festas da Saleta, en Raxó
Por Redacción |
-
A veciñanza de Raxó maniféstase este sábado en defensa das festas da parroquia
Por Redacción |
-
O Concello de Poio creará unha liña de subvencións para os eventos festivos e culturais
Por Oskar Viéitez |
-
Os veciños de Raxó decidirán en asemblea se adoptan medidas de presión ante o Concello polas festas
Por Oskar Viéitez |