Denuncian a situación dos feirantes no Polígono de Nantes
Por Almu Dapena
As representantes locais do PSOE e o BNG de Sanxenxo, Ainhoa Fervenza e Sandra Fernández Agraso, respectivamente, denunciaron a situación na que se atopan as caravanas dos feirantes nas parcelas municipais do Polígono de Nantes.
Segundo a socialista Ainhoa Fervenza "ademais de engancharse directamente á iluminación pública, verten augas de uso doméstico directamente nas augas pluviais".
"Estase vertendo augas fecais na recollida que logo se verte no regato que pasa polo polígono", engadiu a nacionalista Sandra Fernández.
Así mesmo, a edil do PSOE explicou que "o polígono non está dotado das infraestruturas necesarias para eses usos" tratándose dunha decisión improvisada por parte do Concello de recolocar o asentamento dos feirantes no polígono de Nantes.
Para o BNG "Telmo Martín está máis descontrolado que nunca e todo o fai por ordeno e mando, sen mirar as consecuencias nin as responsabilidades que neste caso por ter o concello de Sanxenxo".
Relacionadas:
-
A Policía Local identifica a tres menores por actos vandálicos no Paseo de Silgar
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE e o BNG piden explicacións a Telmo Martín pola cancelación do festival Maestral
Por Redacción | Creada e actualizada
-
En liberdade con cargos o mozo detido por unha agresión sexual a unha menor en Sanxenxo
Por Redacción |