A Deputación tallará un chopo do Museo que está en risco de caída
Por Redacción
Un dos chopos do exterior do Museo de Pontevedra está en risco de caída, polo que os técnicos da Deputación de Pontevedra actuarán este xoves con carácter de urxencia para tallar o exemplar e garantir a seguridade na praza. A árbore atópase na zona peonil situada entre os Arcos de San Bartolomeu e Pai Amoedo, entre os edificios Sarmiento e o Sexto do Museo de Pontevedra.
Os técnicos da Estación Fitopatolóxica do Areeiro comprobaron que o exemplar se atopa completamente seco, polo que é preciso realizar unha intervención inmediata. A retirada do chopo decidiuse despois dunha inspección de todo o arboledo da zona, na que foran retirados outras tres pezas con anterioridade.
O informe do Areeiro recolle que, dada a proximidade da árbore a unha das pasarelas superiores entre ambos os edificios do museo, será necesaria a presenza dun guindastre con cesto para proceder á súa eliminación co fin de poder atar en altura as ramas da copa con cordas a medida que se van cortando. Unha vez tallada a copa, procederase ao corte do tronco en varios segmentos para facilitar o traballo.
Está previsto que a talla comece ás 9.00 horas e prolónguese durante varias horas a cargo do persoal técnico da Estación Fitopatolóxica do Areeiro e un camión do parque de maquinaria provincial.