O PSOE e o BNG piden explicacións a Telmo Martín pola cancelación do festival Maestral
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Sanxenxo pide ao alcalde da localidade, Telmo Martín, que dea explicacións polo sucedido co Festival Maestral, que se acabou cancelando tras acumular multitude de problemas e queixas, e que esixa á empresa indemnizacións polo "irreparable dano" causado á 'marca Sanxenxo'.
Os socialistas recoñecen que o evento non o organizaba o Concello, senón unha empresa privada,pero consideran que o goberno local é responsable de "velar polo cumprimento das obrigacións da empresa beneficiaria".
A líder local do PSOE, Ainhoa Fervenza, insiste, ademais, en que este festival foi unha "aposta persoal" de Telmo Martín, que, segundo sostén, primeiro tentou organizalo desde o concello e finalmente concedeu a xestión a unha empresa privada porque era necesario facer un proceso de pregos de contratación.
Ademais, critican que o alcalde anotouse o tanto e apoiou con vehemencia o evento mentres todo foi ben, pero "agora que as cousas torcéronse trata de desvincularse por completo".
A socialista considera que a suspensión deste festival xerará desconfianza a aquelas empresas que se puidesen plantear organizar algún evento privado no municipio e provocará receo aos usuarios dos mesmos e engade que as consecuencias da cancelación van moito máis alá do evidente prexuízo causado ás persoas que compraron as súas entradas, pois moita xente reservou voos e hoteis para facer coincidir a súa estancia nas Rías Baixas coa celebración do festival.
Os provedores do Maestral crearán unha plataforma para esixir o pago dos seus servizos e aseguran que hai máis de 600.000 euros pendentes da cobranza que esixirán á empresa organizadora a través dun burofax.
BNG
Desde a formación nacionalista, a voceira Sandra Fernández Agraso tamén lle pide a Telmo Martín que dea a cara e ofreza explicacións públicas ante un suceso que, entenden, dana a imaxe de Sanxenxo no seu conxunto.
Cualifican o evento de "fiasco" e lémbranlle ao alcalde que hai outros festivais en Galicia nos que se realiza unha aposta forte pola música da terra que son un éxito, sen necesidade de "importar o modelo marbellí, que só serve para o autobombo do alcalde".
Entre outros puntos, solicitan ao goberno local que convoque a todos os afectados, desde pequenas empresas, autónomos, persoas empregadas e compradores, ao entender que se atopan nunha situación de indefensión. Reclaman que o Concello recompile as demandas e poña o departamento de consumo municipal a disposición de todas as persoas afectadas, como xa se fixera con motivo das reclamacións á compañía eléctrica Fenosa por un apagón en 2015.
Relacionadas:
-
O PSOE de Sanxenxo pide que o Concello cree una oficina de atención aos damnificados pola cancelación do Maestral
Por Redacción |
-
Telmo Martín: "A imaxe de Sanxenxo está por encima de calquera festival"
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian a situación dos feirantes no Polígono de Nantes
Por Almu Dapena |
-
Afundación faise cargo dos pagos do Maestral
Por Almu Dapena |
-
A Unión de Consumidores pide a consumo que investigue a cancelación do Maestral
Por Almu Dapena |
-
As empresas afectadas pola cancelación do Maestral crearán unha plataforma
Por Oskar Viéitez |
-
O Maestral Music Festival Sanxenxo cancela todos os seus concertos
Por Oskar Viéitez |
-
Aumentan as críticas á organización do Festival Maestral polos cambios nos concertos
Por Almu Dapena |
-
Os danos causados pola choiva obrigan a cancelar os concertos do Maestral durante catro días
Por Redacción |