Cuntis abre o prazo para participar no programa municipal de conciliación familiar "Cuntilín"
Por Redacción
O Concello de Cuntis abre o prazo de inscrición do programa Cuntilin 2019/2020, un programa para a conciliación da vida laboral e persoal do que destacan que está financiado nun 83% con fondos municipais.
Así, desde o Concello destacan que no último ano asumiron o 83,2 % do orzamento destinado a este servizo mentres que a Xunta de Galicia sufragou o 16,8 % a través do Fondo Social Europeo.
Cuntilín consiste na prestación dun servizo de conciliación que funciona durante todo o ano de maneira totalmente gratuíta e no que participan uns cen nenos. O Concello considera este servizo como prioritario nas súas políticas sociais e de conciliación e, por este motivo, destina unha cantidade moi importante do seu orzamento á súa posta en marcha.
O prazo de inscrición comezará o 27 de agosto e está aberto ata o 6 de setembro. As solicitudes poderán presentarse nas oficinas municipais.
Por outra parte, o Concello de Cuntis, dentro da súa liña de políticas sociais, anunciou a través dun bando a apertura do prazo de presentación de solicitudes de axudas ao estudio para o exercicio 2019/2020, destinadas a familias con dificultades socio-económicas.
Relacionadas:
-
Cuntis abre a convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro
Por Redacción |
-
As festas patronais de Cuntis contarán cun punto morado de información sobre as violencias machistas
Por Redacción |
-
Aberto o prazo para apuntarse ao programa Cuntilín Verán
Por Redacción |
-
Manuel Campos quere construír unha escola infantil pública en Cuntis
Por Oskar Viéitez |