O PP reúnese con máis de vinte asociacións de Pontevedra para coñecer as súas necesidades e queixas
Por Redacción
A concelleira do Partido Popular Silvia Junco prosegue durante o mes de agosto a rolda de reunións coas diferentes asociacións da cidade. Trátase dunha toma de contacto para que a edila coñeza de primeira man as actividades que realizan estes colectivos e as necesidades e dificultades que afrontan no seu día a día.
A edil do PP declarou que "las asociaciones conforman y dan vida a Pontevedra. Sus quejas y aspiraciones han de ser escuchadas y ser una prioridad en nuestra agenda. No podemos permitir que ninguna desaparezca" subliñou Xunco, que xa ten programados tres encontros máis para a próxima semana.
Junco asegurou que nestas entrevistas "hemos recibido mensajes desalentadores: algunas hacen verdaderos sacrificios para mantener su actividad y no reciben ningún apoyo por parte del gobierno de Lores".