Unha cría de quenlla visita a praia de Loira
Por Oskar Viéitez
Unha cría de quenlla marraxo deixouse ver este sábado na praia marinense de Loira.
Segundo informaron testemuñas presenciais, a cría de quenlla foi vista sobre as 18.15 horas. O animal non podía abandonar a zona debido á ondada que o retivo preto da praia durante bastante tempo.
Para moitos bañistas o avistamento supuxo un gran susto que lles fixo escapar da auga mentres que outros veraneantes facían unha chamada á precaución para que aqueles máis atrevidos non se achegasen ao escualo porque non se sabe como podía reaccionar.
Non é a primeira vez este verán que no litoral galego avístase algunha especie de quenlla. Este mesmo martes varias persoas chamaron ao 112 avisando da presenza dunha quenlla azul ou tintorera na contorna da Praia de Beluso, unha especie que xa foi localizada antes nas Rías Biaxas e que non é perigosa.
Neste caso parece ser que o de Loira é un marraxo, unha especie que abunda nas costas meridionais de España e nas de Marrocos.
Os exemplares adultos alcanzan de dous a tres metros de lonxitude. Esta quenlla presenta os costados e o dorso de cor azul e ten a cola en forma de media lúa e o fuciño puntiagudo.
Todo quedou nunha anécdota xa que se rexistrou ningún incidente.