Afectados pola Variante de Alba escenifican un velorio
Por Oskar Viéitez
Cadaleitos, cruces, velas, unha mesa de condolencias… quen pasaba este venres co seu coche pola estrada entre Pontevedra e Vilagarcía, a PO-531, atopáronse ao chegar á parroquia de Campañó con esta curiosa escena.
Un grupo de afectados polo trazado da Variante de Alba escenificaron un velorio nunha leira particular no lugar de Santo Paio.
Nesta ocasión participaron menos persoas que nas anteriores protestas.
Os veciños foran convocados mediante unha necrolóxica na que se critica ás administracións por impulsar esta estrada de conexión da PO-531 e a N-550 que afecta a Campañó e Lérez que, segundo sosteñen, son dúas parroquias "esquecidas da man dos políticos de turno ao día seguinte das eleccións", reza a necrolóxica.
Ao non estar autorizada a manifestación pola estrada os convocantes optaron por esta nova fórmula que non causou ningún tipo de incidencia no tráfico máis aló daqueles curiosos que reduciron a súa velocidade para ver con máis detalle o que estaba a ocorrer.
Relacionadas:
-
O PP rexeita agora a variante de Alba e esixe un trazado alternativo
Por Alejandro Espiño |
-
Urxen desde o Concello a reforma da variante de Alba para garantir a seguridade dos peregrinos de cara ao Xacobeo
Por Redacción |
-
Malestar entre os afectados pola variante de Alba porque "sempre nos queren boicotear as manifestacións"
Por Redacción |
-
Os afectados pola Variante de Alba concentraranse nunha leira privada ante a falta de permiso para manifestarse
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta "optimizará" o deseño da variante de Alba co fin de "minimizar" o seu impacto
Por Almu Dapena |
-
Os veciños de Campañó presentan 1.172 sinaturas contra a Variante de Alba
Por Manu Otero |