A Garda Civil aborta a introdución en España dun importante envío de cocaína
Por Redacción
A Garda Civil, no marco da operación Mansalva, desarticulou unha organización criminal dedicada a introducir cocaína vía marítima que posteriormente distribuía a distintos lugares da Península Ibérica. Na operación incautáronse 475 quilos de cocaína e hai un total de 14 persoas detidas: 11 en Pontevedra, dous en Valencia e unha en Portugal.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, nos nove rexistros levados a cabo, a Garda Civil ha intervido ademais 12.000 euros en efectivo, 12 teléfonos satelitales, catro vehículos dotados de dobres fondos e un remolque dotado dun sofisticado sistema hidráulico de ocultación, no que a organización chegou a trasladar máis de 300 quilos de cocaína. Así mesmo, a Garda Civil descubriu unha plantación indoor de marihuana con mil plantas que pertencía á organización.
As investigacións iniciáronse o ano pasado, cando especialistas da Garda Civil na loita contra o crime organizado tiveron coñecemento da existencia dun grupo delituoso asentado en Pontevedra, integrado por persoas con antecedentes por narcotráfico.
En xullo do ano pasado, a investigación frustrou a entrega de máis de 300 quilos de cocaína que fora trasladada desde Galicia ata Valencia. Alí interveuse a droga nun garaxe da localidade valenciana de Quart de Poblet, cando estaba a ser custodiada por dous membros da organización, que foron detidos nese momento.
Posteriormente, os avances na investigación frustraron en Portugal outra entrega de 175 quilogramos de cocaína, que fora trasladada desde a provincia de Pontevedra. A Policía Judiciaria do Porto e a Garda Nacional Republicana incautou esta partida nas inmediacións da localidade portuguesa de Coimbra e detivo á persoa que transportaba a droga.
UN REMOLQUE SOFISTICADO
A Garda Civil descubriu o curioso sistema utilizado pola organización, consistente nun remolque, aparentemente baleiro, pero dotado dun sofisticado sistema hidráulico que ocultaba un dobre fondo con capacidade para máis de 300 quilogramos. Varios vehículos lanzadeira escotaban a carga. A organización tiña moi avanzados os contactos e preparativos para a introdución dunha importante cantidade de cocaína que, vía marítima, chegaría a Galicia procedente de Sudámerica. A Garda Civil ha logrado abortar este envío ao deter a todos os seus membros.
Nun os rexistros practicados en propiedades dos detidos, achouse unha plantación indoor de marihuana, en pleno rendemento, con máis de mil plantas.
Os detidos utilizaban medios técnicos avanzados para evitar ser detectados e investían importantes cantidades de diñeiro en tecnoloxía, para obter comunicacións seguras e detectar medios de investigación policiais.
A operación Mansalva está dirixida polos Xulgados de Instrución número 1 e 3 de Quart de Poblet, e contou coa coordinación das fiscalías antidroga de Valencia e Pontevedra.
Relacionadas:
-
Ingresan en prisión catro integrantes e o xefe da rede de narcotráfico desarticulada en Arousa
Por Redacción |
-
A Xunta renova o servizo de xestión de bens decomisados coa Fundación Galega contra o Narcotráfico
Por Redacción |
-
Loita contra o narcotráfico: un ano de investigación que deixou un balance de dez detidos
Por Natalia Puga |