Rolo vai... ata a meta en Cuntis!
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O sentido do humor e a diversión aliáronse este xoves co bo tempo e crearon o ambiente propicio para unha tarde inesquecible en Cuntis. O escenario, o centro urbano do municipio. O motivo: a terceira edición da Carreira de Rolos que se disputou a partir das seis da tarde.
Rolo arriba, rolo abaixo, esta iniciativa do Concello de Cuntis e a Escuadra de Motor Cuntis V.T. fíxolle competencia para o efecto chamada que o bo tempo podería ter para levar aos cuntienses á praia e conseguiu reunir a un nutrido grupo de participantes e afeccionados.
Os equipos, todos de tres persoas e todos equipados con botas de goma, pantalón curto e chapeu de palla, fixeron gala dun sentido do humor envexable e animaron a celebración. Ao chegar á meta esperábanlles previos de entre 50 e 500 euros que completaron un día redondo, en especial, para os gañadores, Atómicos.
Esta foi a clasificación da xornada:
1- Atómicos. 00:03:22:40
2- Desenrolados. 00:03:26:94
3- Arrancatoxos. 00:04:40:94
4- Os Da Palla No Ollo. 00:05:37:94
5- Morosos A. 00:05:54:94
6- Morosos N. 00:06:21:44