Organizan visitas á illa de Tambo con motivo da Festa do Mar
Por Oskar Viéitez
Con motivo da Festa do Mar a Asociación Irmandade Illa de Tambo, vai facer unhas visitas á illa de Tambo con carácter extraordinario, ao ter completas as que forman parte do programa habitual. Serán os días 22, 23, 24 e 25 de agosto.
O horario de cada saída será ás dez da mañá e os participantes terán que estar dez minutos antes na billeteira do Catamarán Pelegrín, atracado no peirao de Combarro.
A duración da visita será de dúas horas e media, polo que o regreso está previsto para as 13:30 horas.
Son visitas guiadas para un máximo 50 persoas por grupo e día.
Pódese facer reserva previo pago na billeteira do Catamarán Pelegrín e tamén por correo electrónico antes do 19 de agosto no enderezo irmandadeilladetambo@gmail.com indicando a data de interés, o número de persoas, e o número de DNI de cada unha.
Con esta iniciativa a Asociación Irmandade Illa de Tambo quere sumarse nesas datas á divulgación da historia local.