Multitudinaria batalla de confeti en Pontevedra
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
As diferentes citas do programa festivo das festas da Peregrina cóntanse por abarrotes. A Batalla de Flores deste mércores é unha das convocatorias máis multitudinarias da Semana Grande. Pontevedra viviu unha multitudinaria guerra de confeti co paso das carrozas.
Non só os máis pequenos gozaron do espectáculo multicolor tamén os maiores fixeron voar a súa imaxinación ao paso das distintas animacións, desde os máis tradicionais xigantes e cabezudos ata os clásicos superheroes saídos do cómic.
Moi aplaudidas foron as animacións da compañía Barafunda co seu espectacular Lerezsaurio Bicéfalo Mariño, composto por máis de tres mil globos que ocupaban uns vinte e cinco metros de lonxitude. Un animal efémero que nada máis terminar o desfile foi descortizado polos nenos en distintas pezas que logo pasearon pola cidade.
A Raíña de Corazóns non cortou cabezas nesta ocasión e optou por xogar co público cos seus divertidos flamencos. Tamén se pasearon outros seres mitológicos como dragones e unicornios.
Ademais dos superheroes de Marvel percorreron as rúas os personaxes do Rey León, Peppa Pig, Toy Story, Madagascar, Monstros SA ou Moulin Rouge.
Non faltou a música, desde a máis folclórica ata a charanga, acompañando a grupos de zancudos e malabaristas.
Pero sobretodo houbo choiva de confeti e de serpentinas que chegaron aos puntos máis insospeitados da cidade.