Éxito na Festa do Río Verdugo pese ao cambio de formato

Por Almu Dapena
O novo formato elixido para a Festa do Río Verdugo na Lama, que pasou a ser un espectáculo nocturno para todas as idades, mantivo o éxito da celebración coa presenza de numeroso público, segundo explica o Concello da Lama.
Ao redor de cen persoas participaron na nova edición da Festa do Río enmarcada dentro da programación do 'Verán Cultural' e na que puideron gozar do monólogo do humorista Pepo Suevos e do dúo Prisma que "conseguiu sacar a bailar ao público de todas as idades convertendo a praia fluvial nunha auténtica sala de festas".
O menú que puideron degustar os asistentes durante a festa foron máis de 200 quilos de mexillón ofrecidos gratuítamente polo Concello e churrasco a prezos populares que se encargaron de preparar os directivos do A Lama S.D. De sobremesa, as filloeiras de Valongo puxeron o broche doce á velada.
Con esta iniciativa, o Concello da Lama pretende diversificar a oferta cultural e de lecer do verán no municipio e poñer en valor o espazo natural da praia fluvial do Río Verdugo.
Festa do Río Verdugo 2019 na Lama programada no 'Verán Cultural'
Ao redor de cen persoas participaron na nova edición da Festa do Río enmarcada dentro da programación do 'Verán Cultural' e na que puideron gozar do monólogo do humorista Pepo Suevos e do dúo Prisma
© Concello de A Lama
Relacionadas:
-
O 'Verán Cultural' da Lama, suspendido para evitar focos de contaxio
Por Redacción |
-
Pepo Suevos, o dúo Prisma e unha mexilonada gratuíta para celebrar o 'Verán Cultural' na Lama
Por Almu Dapena |
-
Ponte Caldelas e A Lama reciben entre aplausos á caravana arriera que percorre a Vía Mariana
Por Redacción |