A veciñanza de Pardavila limpa as cunetas
Por Oskar Viéitez
No lugar de Pardavila, na baixada a Fixón, foi a veciñanza a encargada da limpeza das cunetas.
Unha vez rozada a zona por parte da brigada da Asociación Xoán XXIII contratada polo Concello para esta tarefa, os veciños puxéronse ao choio.
O Concello de Marín encargouse da recollida dos restos, para o que se emprego unha carroceta.
Desde o Goberno local destacaron que "con esta colaboración veciñal é posible unir esforzos e ser capaces de ter en perfecto estado a zona de fronte ao outono".