O goberno local non descarta instalar urinarios e reforzar a limpeza durante as peñas
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
A concelleira de Festas do Concello de Pontevedra, Carme da Silva asegurou que non descartan instalar urinarios e reforzar a limpeza durante as peñas.
Carme da Silva compareceu este luns en rolda de prensa para valorar o "abarrote" vivido na cidade no arranque "tranquilo" da Semana Grande das festas, e atendendo ás preguntas dos xornalistas falou sobre a celebración das peñas.
Neste sentido a concelleira nacionalista insistiu no rexeitamento do goberno local á instalación de barras de hostalería nos espazos públicos "tal e como pediu o PP".
Durante esta fin de semana instaláronse contedores de plástico e lixo na zona de Santa María e na Praza do Teucro "para ver se resolvía" o problema de acumulación de desperdicios no chan. "Agora falta o dato da recollida para saber como funcionou", indicou Da Silva.
A responsable de Festas mostrouse un pouco escéptica co resultado desta medida de reforzo de contedores pola experiencia obtida anos atrás cando o Campillo de Santa María sufría un botellón cada fin de semana. Si comentou a posibilidade dun operativo contínuo de limpeza durante a celebración das peñas.
En canto á instalación de urinarios "nós temos constatado por festivais e por outras cidades que este sistema non funciona", dixo a concelleira. Ademais, xustificou que xa se instalan na Alameda para suplir a falta de aseos dos bares das festas. "Pero é moi difícil situar estes servizos en distintos puntos da cidade", sinalou.
"En todo caso non é algo que descartemos. O analizaremos unha vez que pasen as festas", informou Carme da Silva. Tampouco se instalan durante a Feira Franca, argumento que emprega a concelleira para non contar con esta infraestrutura.
"Non é unha cuestión fácil, pero estamos abertos a estudar alternativas que sexan propostas para mellorar as festas", concluíu.
Relacionadas:
-
Non é unha folga de recollida de lixos, é o día a día da contorna do Teatro Principal
Por Manu Otero |
-
Ciudadanos pide a instalación de pantallas para os concertos da Peregrina
Por Redacción |
-
O PP insiste en regular as 'peñas': "Esto está desmadrado y hay que controlarlo"
Por Natalia Puga |
-
Os técnicos de emerxencias volven alertar do "insuficiente" dispositivo dos días de 'peñas'
Por Natalia Puga & Oskar Viéitez |
-
Localizan un grupo de menores que fuxiu de Príncipe Felipe e foi de festa
Por Natalia Puga |
-
Denunciados unha persoa e un vehículo e identificados tres máis por usar altofalantes e poñer música o sábado de 'peñas'
Por Natalia Puga & Diego Torrado & Mónica Patxot |