A caravana Arriera tamén pasou por Cuntis e Cerdedo-Cotobade
Por Almu Dapena
O Campamento Peregrino Arriero que percorre a Vía Mariana desde a localidade portuguesa de Braga, foi recibido este sábado polo alcalde de Cuntis, Manuel Campos, o concelleiro de Turismo, e o resto de concelleiros como mostra da aposta que fan polo camiño que une Portugal e Galicia. Os case 50 peregrinos pernoitaron dúas noites nas instalacións municipais e recibiron a bendición do párroco Don Juan Carlos antes de emprender de novo a súa viaxe.
A seguinte e penúltima parada da peregrinación foi no Concello de Cerdedo-Cotobade que, na súa chegada a San Xusto, foi recibida polo alcalde Jorge Cubela que quixo destacar a importancia da iniciativa das Vía Mariana xa que "serve para recuperar a historia, patrimonio e a cultura do pasado" ademais do "atractivo turístico unindo aspectos relixiosos, tradicionais e a fortaleza do sendeirismo, do medio ambiente e da paisaxe".
O itinerario consta de 382 quilómetros entre Braga e Muxía con 17 etapas por antigos camiños de Portugal e Galicia seguindo os roteiros entre Santuarios Mariños.