O Concello pleitea ante a Audiencia Nacional pola nova concesión de Costas á antiga fábrica de Pontesa
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra presentará un recurso contencioso administrativo ante a Audiencia Nacional contra a nova concesión que Costas outorgou aos actuais propietarios da antiga fábrica de Pontesa, en Ponte Sampaio. Así se aprobou este luns en Xunta de Goberno.
A portavoz do goberno local, Anabel Gulías, cualificou en rolda de prensa de "prepotente" o criterio de adxudicación utilizado pola administración do Estado xa que mantivo á marxe de todo este proceso ao Concello. "Nin sequera solicitaron ao Concello de Pontevedra, a administración máis próxima ao cidadán, un informe e saltáronse o trámite de audiencia", reprochou a portavoz.
Esta circunstancia sorprende ao goberno local debido ás esixencias de Costas ao Concello para encher cunha simple capa de grava as fochancas do aparcamento disuasorio fronte ao Pavillón dos Deportes.
"Parécenos un pouco desconcertante o criterio que ten Costas para conceder as prórrogas", dixo a portavoz municipal.
Costas deu permiso á sociedade Itaipu Trade para ocupar 35.353 metros cadrados de terreo público durante vinte anos máis, un prazo prorrogable por outros vinte.
Estes terreos están actualmente sen actividade industrial algunha e a autorización é para almacenamento de materias primas.
Relacionadas:
-
A continuidade de Pontesa, pendente do Tribunal Supremo e do recurso de ENCE
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño |
-
A antiga Pontesa, sen concesión: A Audiencia Nacional tamén anula a prórroga de Costas
Por Alejandro Espiño |
-
Mosquera afirma no pleno que intentará que a recollida de lixo sexa excelente pero pide implicación
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
O Concello só acepta que Costas 'indulte' ao colexio Sagrado Corazón de Praceres
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello recorrerá a nova concesión de Costas á antiga fábrica de Pontesa
Por Alejandro Espiño |