Risas e lágrimas na entrega de premios Amigos de Pontevedra
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado
O Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra acolleu, este sábado, a tradicional reunión de entrega de premios Amigos de Pontevedra. Familias enteiras e amigos das mesmas acudiron á entrañable comida, na que se homenaxearon non só os logros e traxectorias dos sete galardoados, senón tamén os recordos de Rafael Ceresuela e José Luis Fernández Sieira.
O xornalista pontevedrés Xabi Fortes foi o encargado de conducir a gala. Comezou rememorando aos mencionados Ceresuela e Sieira: "Queremos, antes da comida, separar o recordo destes dous pontevedreses da alegría que supón esta celebración". A continuación, mentres soaba "Stand by me" na sala, os familiares dos dous homenaxeados recibiron un ramo de flores.
Despois da comida, os premiados pola asociación pontevedresa: o xornalista Jesús Rodríguez, coñecido polas crónicas deportivas como 'Observador' a perruqueira Vitoria Arousa; o traumatólogo Miguel Domínguez; a ex-directora do Instituto Nacional das Artes Escénicas e a Música, Montserrat Iglesias; o triatleta Pablo Dapena e a porteira internacional Silvia Aguete (Poio Pescamar), foron, un a un, recibindo os seus galardones despois dunhas bonitas e emotivas palabras de Fortes.
Pola súa banda, Pablo Dapena, agradecido polo recoñecemento, confesou que "é un premio moi positivo porque é da cidade á que pertenzo. Están a recoñecerche todo o esforzo e traballo e estou moi agradecido por iso, porque non deixas de ser un embaixador da cidade". Silvia Aguete, ademais, manifestou a súa alegría: "Estou moi orgullosa, porque todo o que che veñen de casa é moito máis significativo, recíbese con moitas máis ganas. Ademais, é un colocón para unha tempada que está a ser moi importante para min", concluiu.
Relacionadas:
-
A Covid-19 obriga a suspender a xuntanza anual de 'Amigos de Pontevedra' por primeira vez en 49 anos
Por Redacción |
-
A Covid-19 obriga a suspender a xuntanza anual de 'Amigos de Pontevedra' por primeira vez en 49 anos
Por Redacción |
-
Manuel Jabois, o pregoeiro que conseguiu "facer de Pontevedra a medida de todas as cousas"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Amigos de Pontevedra premia aos campións internacionais Silvia Aguete e Pablo Dapena
Por Manu Otero |