Ponte Caldelas e A Lama reciben entre aplausos á caravana arriera que percorre a Vía Mariana
Por Redacción
A Caravana Arriera que percorre a Vía Mariana desde a localidade portuguesa de Braga pasou este sábado polos municipios de Ponte Caldelas e A Lama.
Ao chegar ao centro urbano de Ponte Caldelas foron recibidos polo seu alcalde, Andrés Díaz e na súa chegada ao concello da Lama soaron as gaitas do grupo Catro Ventos mentres eran saudados polo tenente de alcalde, David Carrera, e o edil de Cultura e Deportes, Daniel Vidal, en representación da corporación municipal.
Os arrieros partiron ás 9:30 horas desde o municipio de Fornelos de Montes e dirixíronse cara a Forzáns (Ponte Caldelas), capital do tradicional Camiño dos Arrieiros onde foron recibidos ao seu paso por numerosos veciños que aplaudían a chegada das carretas.
Posteriormente, dirixíronse cara á Esfarrapada e Caritel para, desde A Pousa, enfilar a estrada principal de entrada na Lama onde fixeron a súa aparición, cara ás 13 horas, pola Praza da Pedreira pasando entre as dúas casas blasonadas cos escudos dos Contreras, para baixar cara á Alameda onde tivo lugar a recepción oficial a cargo das autoridades municipais.
Ambos os concellos agradeceron o esforzo que están a levar a cabo os promotores da Vía Mariana como alternativa peregrina que une os destinos de pequenos pobos do norte de Portugal e do interior de Galicia e avogaron para que esta iniciativa conte cos apoios necesarios para que represente un revulsivo espiritual e económico para os pobos que conforman este novo roteiro.
Pola súa banda, o Pai Blas, líder da expedición, agradeceu a acollida dispensada e manifestou a súa satisfacción pola espiritualidade e hospitalidade coa que os arrieros atopan en todos e cada un dos pobos polos que pasan. Tamén sinalou que sentían moi próximo ese agarimo sabedor de que estes pobos creceran e débenlle gran parte da súa historia á acción e a actividade dos arrieros que no pasado sucaron as súas sendas e camiños.
Relacionadas:
-
Cuntis promociona a Vía Mariana cunha andaina
Por Redacción |
-
Éxito na Festa do Río Verdugo pese ao cambio de formato
Por Almu Dapena |
-
A caravana Arriera tamén pasou por Cuntis e Cerdedo-Cotobade
Por Almu Dapena |
-
1.570 persoas presumen de festa no terceiro XantaCaldelas
Por Redacción |
-
Posta de longo da Vía Mariana en Moraña cunha peregrinación aos Milagres de Amil
Por Redacción |
-
A Vía Mariana celebra en Cuntis a súa asemblea de socios
Por Redacción |
-
A Vía Mariana empeza a ser visible en Cuntis, Moraña e Campo Lameiro
Por Redacción |