Operativos especiais da Policía Local polas touradas e as peñas
Por Redacción
A Policía Local deseñou un operativo especial que deixará os arredores da praza de San Roque listos para a celebración en condicións de seguridade dos espectáculos taurinos desta fin de semana.
O sábado 10 de agosto e dende as 08:00 horas prohíbese o estacionamento nas rúas próximas á Praza de Touros: Victor Said Armesto, Campo da Torre e Nostramo Lourido.
Dende as 6 da tarde (tanto o sábado e como o domingo) quedarán peonalizadas as rúas Alameda, Raíña Vitoria e boa parte de Colón e San Roque, así como as que rodean a praza e outras menores, por motivos de seguridade.
A Avenida de San Roque quedará cortada nas Corbaceiras en sentido subida, así como a Víctor Said Armesto e outras menores que dan acceso á Praza de Touros. Tamén se cortará o Paseo de Colón á altura da rúa Monteleón, de tal xeito que os vehículos que circulen por esta vía desde a Ponte da Barca, deben dirixirse á Avenida de Uruguai. Os vehículos que circulen desde a Avenida de Uruguai pola rúa Irmáns Nodales, terán que voltar ás Corbaceiras por San Roque.
PEÑAS
En canto aos efectivos humanos da Policía Local, tanto para a celebración taurina como para a multitudinaria festa posterior das peñas no sábado, a previsión consiste en reforzar os servizos con respecto ao que é ordinario que se organicen ao longo das quendas de tarde e noite para que as touradas e as festas de peñas discorran con tranquilidade. Tamén se conta coa colaboración e os reforzos da Policía Nacional, con quen se estiveron coordinando os operativos.
Estas medidas, coordinadas pola Concelleira de Protección Cidadá, Eva Vilaverde, en colaboración cos responsables da seguridade e a mobilidade local, complementan o reforzo nos servizos de limpeza para os momentos posteriores á festa e que deixarán o Centro Histórico en bo estado hixiénico para as primeiras horas do domingo.
A Policía lembra a prohibición da invasión do espazo público con barras de distribución de bebidas.
Relacionadas:
-
Denunciados unha persoa e un vehículo e identificados tres máis por usar altofalantes e poñer música o sábado de 'peñas'
Por Natalia Puga & Diego Torrado & Mónica Patxot |
-
O bo tempo e o día grande das festas animan ás 'peñas' para volver a tomar as prazas
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O PP pide diálogo para "reconducir" as 'peñas': "non ofrecemos nin boa imaxe nin imaxe de seguridade"
Por Natalia Puga |
-
Carme da Silva asegura que moitos pais permiten aos seus fillos saír de peñas como premio polas boas notas
Por Oskar Viéitez |
-
Hostaleiros, indignados ante o "incivismo" dos días de 'peñas': "Hoxe Pontevedra non é Boa Vila"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |